Archive for the ‘Wireless’ Category
setembro 5, 2007
Despois de moito tempo lendo articulos nos que se decía o porqué da seguridade que brinda WPA, e de escoitar unha e outra vez que non se pode crackear, puxenme a buscar en páxinas "especializadas en seguridade wireless", e comentábase que en certa medida si é posible romper o WPA, sempre atendendo a contraseñas potencialmente débiles e outros asuntos, pois ben, despois de moito intentalo e non conseguir nada, hoxe tivo fruto a investigación, por fin din crackeado unha WPA e por tanto colgado iste articulo no blog
[ Ver Imaxe Asociada ]
chúzame -
maio 25, 2007
Se ben parece un mito, é posible, e tamén unha boa opción de configuración segura para unha rede wireless.
Arquivo-> http://www.blyx.com/public/wireless/wpa+...
chúzame -
abril 19, 2007
Pois si, ó igual que outras moitas distros como pode ser a mitica Coyote-Linux, o DD-WRT tamén se pode instalar nun ordenador, evitando así os típicos problemas dos routers, puntos de acceso, etc, a falta de memoria, e outras historias.Coa instalación nun Pc, teriamos todo un servidor con multiples posibilidades de configuración, administración remota con WebAdmin, etc.
Podes ver as múltiples posibilidades aquí--> 01-05-2007
chúzame -
abril 19, 2007
Relacionado coa noticia anterior, fai tempo que se poden probar as betas do DD-WRT, todas están no wiki, pódelas descargar aquí-->dd-wrt.v24 beta , en concreto eu probei fai pouco as do directorio 2007 - 0416, que veñen sendo as últimas, e atopei algún que outro falliño, pero pouco importantes.
chúzame -
abril 19, 2007
Pois ben,para este menester existe un firmware que podes descargar aquí, segundo o modelo do teu buffalo:
WHR-G54S_1.20_eng WHR-HP-G54-1.40-ENG
WHR-HP-G54-ger WZR-G300N.bin
Tamén funciona o que che envían os de buffalo, si o mesmo que server para cando non tes ou perdes o contrasinal
chúzame -
abril 16, 2007
Segundo informa a Asociación de Internautas, unha boa parte das redes WiFi coas que nos topamos na nosa vida cotiá de usuarios está completamente desprotexidas. Isto, que xa semella preocupante de por si, pode achegar máis dunha mala xogada á persoa responsaba de ter posto en marcha ese punto de acceso en concreto, sexa o usuario principal ou non. Para o devandito colectivo hai dous grandes perigos: por unha banda, que unha persoa sen coñecementos técnicos use a conexión de outra e, pola outra, que acceda á súa propia conexión deixando todos os seus datos expostos. Isto podería corrixirse cunha configuración axeitada do router mais, para máis seguridade, a Asociación (a través da Campaña contra o fraude online e pola seguridade na Rede) vén de poñer a disposición da comunidade redeira unha ferramenta de balde que favoreza a privacidade.
Consiste basicamente nun xerador de claves WEP (Wireless Equivalent Protocol) e WPA (WiFi Protected Acces) de xeito aleatorio. WEP.ex achega claves de 64, 128 e 256 bits de maneira que fornece ó usuario de catro claves que poden ser empregadas de xeito inmediato, tanto para plataformas Windows como en Linux. Na web do colectivo especifícase polo miúdo e por partes o proceso de instalación.
chúzame -
abril 10, 2007

Cando menos envexable, claro que con 1.300.000 euros, xa non ten tanto merito :), eso sí, parece que hai certa esquina do concello, en concreto a zona de Orazo, que ainda non goza dunha cobertura axeitada, esperemos que pronto esté reparado.
Topoloxía e Configuración da rede:



Centro de procesamento de datos:

chúzame -
marzo 29, 2007
Semella que esta información e outras semellantes sobre a chegada real a Galiza dos accesos en condicións a Rede teñen que ser colleitas con moito tino, a xulgar polo que está a dar de si unha entrada recente no Blogovic e os comentarios desencadeados por ela no blog e máis en Chuza!, e a xulgar tamén polos correos electrónicos que chegan decote á redacción de Código Cero nos que se pon sobre aviso: non se está a facer todo o que debería facerse, nin dende as administracións nin dende as compañías, para levar a Rede a toda a nosa terra. E todo iso malia a boa fe e a ilusión de moitas das persoas que están a traballar en proxectos de dinamización, ilusión por paliar a fenda dixital que non serve de moito se logo (como nos conta a autora do devandito artigo en Blogovic) as empresas que se encargan de subministrar infraestrutura deciden dixirir a vista cara a outro lado, sobre todo porque (din) non atopan rendibilidade en equipar unha boa parte das nosas vilas e aldeas.
[ler máis]
chúzame -
marzo 22, 2007
Pois eso, ideas, como Refrixerar unha fonera:

Non pode haber método máis básico e con mellor resultado que un ventilador, claro que ten os seus inconvenientes
chúzame -
marzo 22, 2007
O porqué de usar un túnel vpn con pptp e mppe , da man do enigmático señor Gentoo, un tutorial explendido
[Ver tutorial]
chúzame -
marzo 22, 2007
Na nosa terra, hai aínda amplas zonas de territorio que non teñen nin tan sequera unha mínima opción de conectarse á Rede en boas concidións, ben sexa porque viven en lugares de orografía complicada, ben porque ás operadoras que subministran o servizo non lle atopan o negocio a habilitar infraestrutura alí, ben porque as administracións non poden custealo a curto prazo, ou ben por todas esas razóns á vez e algunha máis que se nos esquence. Mais, paseniño (máis paseniño do que nos gustaría) esa certa brétema dixital na que vive Galiza semella ir disipándose. Polo menos, así o vén de asegurar o Goberno central: ó longo deste ano, a banda ampla chegará a uns 3.000 lugares do rural galego, segundo consta no novo calendario da segunda fase do Programa Nacional de Extensión de Banda Ampla. Dase a (boa) casualidade de que os galegos e galegas que non temos aínda Internet ó alcance da man poderemos seguir de preto nesta listaxe que núcleos de poboación se van sumando á Rede de alta velocidade e que tecnoloxía se emprega en cada un deles.
Podes consultar a listaxe aquí--> Planificación_2007.xls
chúzame -
marzo 18, 2007
A experiencia de levar Internet á porta dos veciños (con independencia de que vivan nas vilas ou non) en concellos galegos coma os máis avanzados no plan Cidades Dixitais ou mesmo en Avión, semella ter sido proveitosa, aínda que só sexa coa finalidade de cubrir zonas de sombra dixital na nosa terra ou de informar ós galegos das vantaxes e usos da Internet. Á listaxe dos devanditos concellos (entre outros que moi posiblemente fiquen no tinteiro) cómpre engadir agora a Lalín, que está a estudar as posibilidades de poñer en marcha un proxecto de acceso sen fíos a Internet, televisión e telefonía, a través da tecnoloxía Wimax e nas 52 parroquias que integran este termo municipal pontevedrés.
Así o fixo saber os días pasados o alcalde Xosé Crespo, que xa anunciou que o proxecto bebe do posto previamente en marcha en Molina de Segura (Murcia), que forma parte do proxecto Cidades Dixitais (como A Estrada, As Pontes ou Vilalba). A iniciativa de Lalín, que levaría consigo un investimento de 200.000 euros, tería o seu alicerce no que se coñece como “Wimax”, unha tecnoloxía que non che obriga a habilitar quilómetros de fíos e que, combinada con outras como WiFi ou Mesh, permite achegar zonas de luz (de acceso, neste caso) alí onde a priori non sexa posible, algo que acontece en Galiza en moitas máis ocasións das desexadas, sobre todo pola súa paisaxe accidentada.
O caso é que a infraestrutura que prepara o Concello de Lalín tería unha frecuencia de 5 xigas, encamiñados a abranguer un radio de até 25 quilómetros de superficie. A idea é de que unha vez que se habiliten as antenas e o resto do equipamento, se poida poñer en marcha o servizo para os veciños nun prazo de tres ou catro meses.
chúzame -
marzo 14, 2007
Darlle un novo pulo á tecnoloxía sen fíos Wimax, especialmente axeitada para unha orografía tan accidentada como a galega. Ese é o gran obxectivo da Universidade da Coruña (a través do Grupo de Tecnoloxía Electrónica e Comunicacións), a empresa Wireless Galicia e a Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), integrantes dunha alianza encamiñada a desenvolver na nosa terra o acceso á Rede a través deste tipo de canles, concretamente a do estándar Wimax Mobile. A xuízo dos promotores deste proxecto, esta tecnoloxía é a que vai permitir que amplas zonas de Galiza teñan finalmente conexión á Internet, xa que Wimax (sinalan) chega a onde non chega WiFi, fornecendo ás vilas e aldeas de cincuenta quilómetros de radio no canto dos 300 metros que vén achegando WiFi, e con menos cortes e interferencias (porén, a idea é combinar ámbalas tecnoloxías).
chúzame -
febreiro 24, 2007
Esta é unha opinión de Compostelawireless sobre o mellor AP de Fon, en concreto este corre DD-WRT:
Di Así:
Cuando estuvimos en la SIMO-2006, nos encontramos el estand de FON hasta arriba y la cosa era que si te dabas de alta te mandaban LaFonera (29 euros + gastos de envío), gratis a casa.
Nos dimos de alta nos llamaron hace una semana para decirnos que se quedaron sin stock (yo ya me había olvidado de ella) y el viernes me llegó:

El aparato en sí como viene es una castaña (por cierto FON son aquellos que nos hicieron decir ESTO), pero utilizando el manual que se encuentra en CompostelaWireless: Secciones -> Redes WiFi -> La Fonera de FON y DDWRT, la mariposa comercial muere y se convierte en lo mejor que he visto hasta ahora en cuanto AP (Access Point) se refiere (FON es el cazador cazado), no tengo palabras para definir lo que es el mejor AP del mercado gratis.
chúzame -
xaneiro 12, 2007
A estación de autobuses de Santiago ofrecerá a partires de mañá wifi gratuita aos seus usuarios. Será o primeiro espazo da cidade con wifi de balde, esto é unha noticia boa, pero tamén hai que decir, que segue a chover dentro !!
chúzame -
decembro 21, 2006
Un rapaz de 17 anos de Singapur podería ter que facer fronte a 3 anos de cadea tras admitir que se conectaba ilegalmente á Internet aproveitando as conexións sen fíos dos seus veciños.
Garyl Tan Jia Luo declarou estar moi arrepentido polo que fixo, pero a sentenza contra el parece querer ser exemplar, de xeito que a práctica habitual de empregar os recursos de conectividade alleos se converta no pasado.
O uso de redes Wi-Fi desprotexidas é algo habitual, especialmente dende ordenadores portátiles, pois detectan automaticamente as redes deste tipo, polo que resultan moi tentadoras, pero non se coñecían precedentes dunha resposta legal tan dura ante unha práctica considerada como normal (e socialmente aceptada en boa parte do mundo).
[ligazón permanente]
chúzame -
decembro 18, 2006

Xa esta dispoñible o primeiro adaptador USB 802.11n Draft do mercado, a sua referencia é DWA-142 e ademáis ten un diseño máis que interesante, aquí tendes a nota de prensa do fabricante en España.
chúzame -
decembro 18, 2006
Estupendo how-to (En inglés), sobre como implementar esta protección. Tamén se pode ver información na páxina de gentoo. Xa sei que case ninguén implementa esto, pero pódense sacar boas conclusión sobre o pptp...en fin
chúzame -
decembro 13, 2006
Esquema sinxelo dun amplificador wireless de 1W, se alguén se anima a montalo que me comente
Esquema_PCB
chúzame -
decembro 13, 2006
Xa fai bastante está dispoñible na páxina de wimacon, unha utilidade para calcular a distancia entre antenas wireless. [Enlace]
chúzame -
decembro 12, 2006
Pois en Andorra teñen pensado implantar a rede sen fíos en todo o territorio, claro que só son 478 quilómetros cadrados. Aínda non hai un prazo establecido pero agardase que o proceso sexa paulatino: prazas públicas, bibliotecas, estacións de esquí...
[Ler Máis]
chúzame -
decembro 11, 2006
O Concello de Salvaterra anuncia que ofrecerá o acceso a Internet por banda larga mediante redes sen fíos. Será o primeiro en Galiza en garantirlle aos veciños o acceso universal de banda larga. Canto tempo tardarán as "telecos" en botalo abaixo? Cundirá o exemplo ou os alcaldes están entretidos poñendo cazos debaixo dos PXOMs? Admítense apostas
Cando o concello de Silleda aprenderá a facer algo ?
chúzame -
decembro 5, 2006

Para todos os que cando van a comprar un pigtail piden un pinganillo pequeno
chúzame -
decembro 4, 2006

Nodo Repetidor Montado e funcionando 100% según me dixeron fai un momento, os parámetros de configuración para usalo son os mismos que co anterior, cambiando a Ip pola do novo rango
chúzame -
decembro 2, 2006

AP preparado para montar en exterior de wifisafe
chúzame -