febreiro 22, 2007
De novo por aquí e con noticias:
Pois eso xa temos luz dende hai tempo, http://www.todopcsat.com/news.php, aquí atópase todo o necesario, O todoPckey, que xenera o Sofcam.key, e outras cousas, decir que para visualizar o tete pigital e esas cousas só é necesario actualizar o Sofcam.key, e nin sequera se necesita o Vplug, pois funciona inclusive máis rápido co S2emu.
chúzame -
decembro 12, 2006

Levamos moitos meses falando da Televisión Dixital Terrestre e do apagón analóxico que faría que fose imposible recibir a televisión nos televisores actuais que non estivesen adaptados (e que de seguir así non acontecerá ata despois de 2016), pero o que sorprende nestes momentos é que xa se produciu o primeiro apagón analóxico do mundo. Así, os holandeses dinlle adeus á televisión analóxica.
Estimábase que só quedaban uns 74.000 fogares con recepción analóxica (dun país con 16 millóns de habitantes), e que só unhas 220.000 persoas facían algún uso ocasional da televisión analóxica (principalmente en casas de campo ou residencias de veraneo), polo que o apagón analóxico era unha medida aceptable, de xeito que concederon a Royal KPN NV a explotación das frecuencias empregadas para a televisión analóxica de xeito que agora se empregan para a TDT.
[ler máis
chúzame -