Un novo móbil achega contidos de televisión dixital en só 12,9 mm de grosor
novembro 22, 2006A incorporación da televisión dixital ós móbiles a través da tecnoloxía DMB parecía limitarse a grandes terminais, máis semellantes ós reprodutores multimedia portátiles que ós teléfonos móbiles actuais, tendencia que racha Samsung co seu SCH-B630, que é un novo móbil que conta cunha cámara de 3 Mpíxeles integrada e recepción de televisión dixital cun grosor de só 12,9 mm, polo que pode confundirse con calquera móbil sen tan elevadas prestacións.
O novo móbil tamén contan con saída de televisión (para poder ver as canles que emiten mediante DMB nun televisor) aínda que esta tecnoloxía só está dispoñible polo momento en Corea do Sur, xa que en Europa procurarán promover o estándar DVB-H para a transmisión de televisión para o móbil
chúzame - Author pini