PiniBlog

www.pini10011.es

Archive for the ‘Programación’ Category

Web 2.1 - Espantoso nome para unha interesante idea.

marzo 22, 2007

Nos últimos días aparecen varias noticias que pretende darlle outro puxo á liberdade en Internet. E non é que vaian facer Internet máis libre, senon que achegarán a liberdade de Internet a máis persoas.

Trátase de dous sistemas que pretenden facilitar a creación de contidos para Internet desde o noso propio PC. Se esta idea medra, cada ordenador doméstico rematará por convertirse nun servidor, co que a distribución dos contidos pola rede estaría xá un 99% en máns da cidadanía.

Por un lado está Hybrid Share. Pretende ser un xeito de compartir arquivos en Internet, como outras aplicacións P2P, pero coa diferencia de que se empregarían grupos de amigos, en plan mensaxería instantanea para controlar o acceso ós mesmo. Isto nos permitirá compartir arquivos de xeito controlado, de forma similar a como se fai nas redes locais, e sen necesidade de grandes coñecementos técnicos.

Ademáis agora presentan izmi que nos permitirá ter o noso blogue, fotoblogue, podcast… aloxados no noso propio equipo, só arrastrando e soltando os contidos que desexemos publicar.

En realidade este plantexamento "un host, un server" non é novo, pero o que sí é novo é o tipo de tecnoloxía, que achega a idea ó usuario medio. Creo que son tecnoloxías moi interesantes para aplicar en una rede de area metropolitana.

¿Coñecedes máis aplicacións de este tipo?

Chuzame! chúzame -

Protexer a nosa rede Wifi mediante VPN

marzo 22, 2007

O porqué de usar un túnel vpn con pptp e mppe , da man do enigmático señor Gentoo, un tutorial explendido

[Ver tutorial]

Chuzame! chúzame -

Wikiasari: o buscador “colaborativo” do futuro?

xaneiro 14, 2007

No primeiro trimestre de 2007 entrará en funcionamento o novo proxecto de Jimmy Wales, coñecido promotor da Wikipedia. Trátase dun motor de busca para internet, bautizado Wikiasari. "A procura é parte fundamental da infraestrutura de internet", opina Wales na web do proxecto, reflexionando que na actualidade sofre dos mesmos problemas que o software propietario: falta de liberdade, comunidade ou transparencia.

Chuzame! chúzame -

Google Code Search

decembro 4, 2006

Este novo proxecto do Google Labs, unha ferramenta que permite buscar código publicado pola web adiante, repositorios CVS e Subversion e en arquivos (.tar.gz, .tar.bz2, .tar, e .zip).

A verdade é que a min xa me axudou bastante :)

Chuzame! chúzame -