Archive for the ‘Natureza’ Category
abril 16, 2007
Co obxectivo de contribuír ó coñecemento e á divulgación das raizames históricas de Galicia e do Norte de Portugal (territorios curmáns que teñen en común longos anos de tradicións), naceu Castrenor, un proxecto europeo que permitiu desenvolver unha web na que se recolle completa información sobre os castros existentes en distintos puntos desta eurorrexión.
Deste xeito, en castrenor.com podemos atopar detallados contidos sobre os xacementos castrexos visitables de Galicia e Portugal, nun proxecto que promove o coñecemento do patrimonio cultural común ós bordes do río Miño, no que participa a Consellería de Cultura e institucións portuguesas.
chúzame -
decembro 13, 2006
As Xemínidas causarán na madrugada do xoves próximo a última choiva de estrelas "importante" de 2006, aínda que o seu brillo pode ser debilitado pola lúa, que se atopará en cuarto minguante. O mellor momento para observar a choiva de estrelas serán as horas previas ó amencer, é dicir, entre as 05.00 e as 08.00 da mañá. As previsións de ceos despexados en Galicia permitirán gozar do fenómeno, a pesar de que haberá Lúa.
chúzame -
decembro 10, 2006
“Cos Pés na Terra” abordará asuntos de interese relacionados co medio ambiente e coa sustentabilidade. Trátase dunha iniciativa promovida pola asociación ecoloxista Verdegaia coa intención de enriquecer o debate sobre a sustentabilidade en Galicia. O enderezo da revista é www.cospesnaterra.info
chúzame -
agosto 1, 2006

Imaxe dun atardecer, cando menos fermoso !
chúzame -
xullo 13, 2006
Así nos contan en Verdegaia o tema: Presentámosche as 10 especies da nosa flora e fauna máis ameazadas de extinción. Fixemos unha listaxe con algunhas das especies con maior risco de extinción, procurando incluír representantes de diferentes grupos da nosa fauna e flora. Non buscamos incluír as que poderían ser, en rigor, as10 especies máis ameazadas, senón facer unha chamada de atención para que a Consellería de Medio Ambiente poña en marcha canto antes planos de recuperación para as especies en maior perigo de extinción. E non só para as máis emblemáticas ou populares.Ler Máis
chúzame -