En busca do crédito perdido …
setembro 12, 2006Estes días post-incendios asistimos a un feito que se repite ciclicamente despois de cada crise que supón desgaste político. Fíxoo o PP co Prestige e agora o bipartito fai o mesmo, e tratase de trasladarlle á opinión pública a idea de que se está actuando, que se están tomando medidas e pondo esforzos para solucionar un problema.
A opinión pública ten que percibir por parte do goberno unha idea de compromiso e traballo. Eles (o goberno) conscientes de que a información é unha cousa que non ten porque ir parella a realidade, queren mostrarnos que se vai cambiar todo, pero sin deixar de ter presente que na realidade non van cambiar absolutamente nada.
O motivo deste post, é o artigo publicado na VOZ, no que di que se van a crear brigadas de elite en substitución das tradicionais. Máis do mesmo, vamos a cambialo todo para seguir igual. Poñámonos en antecedentes:
22/08/2006. La Voz de Galicia.- No vasto dispositivo de extinción de incendios da Xunta, integrado por 4.000 efectivos, só existe unha brigada considerada de elite, integrada por unha trintena de persoas, que ten a súa base na provincia de Ourense. A Consellería de Medio Rural pretende avanzar cara a este modelo, creando máis grupos de extinción de alto nivel, ben adestrados e con formas de vida militarizadas, en substitución das brigadas tradicionais. A intención é crear de forma inmediata un grupo deste tipo en cada provincia. mais...
A “brigada de elite” que existe na actualidade esta composta por xente sen experiencia en incendios forestais na súa maioría, cuia principal diferenza cas brigadas tradicionais é que en teoría fan unha táboa de exercicios físicos ó día.
Os 1700 efectivos do SDCIF, non necesitan táboa de exercicios porque, por desgracia, pasan toda a xornada laboral de lume en lume. Ademais estes 1700 efectivos acumulan moitísimas horas nos frontes dos lumes, algo que non teñen os membros da “brigada de elite”.
Que saque a xunta os datos da efectividade e eficiencia desta brigada de elite en comparación cunha brigada tradicional do SDCIF, e despois que me digan quen merece realmente o nome de “brigada de elite?
O que este metido algo no tema sabe que todo isto é fume, xa que a xunta sabe de boa fe mediante datos obxectivos que o SDCIF, é dos mellores do pais na loita contra o lume e por iso non vai cambiar nada, aínda que a opinión pública se lle traslade a idea de cambio que tanto rédito político da.
Ó final pasará o seguinte: Crearase unha “brigada de elite” en cada provincia, para dicir que se cumpriu e listo. Os incendios seguirá apagándoos o SDCIF como se fixo nos últimos 15 anos.
Por suposto vende moito máis de cara a galería, dicir que se van a crear brigadas de elite, en vez de dicir que se van dotar de medios as brigadas do SDCIF, cousa que veñen reclamando estas con pouco éxito dende fai varios anos. Así é a política.
Déixovos outra perla aparecida na prensa:
Santiago, 18 de agosto de 2006.- O Conselleiro de Presidencia, Administracións Publicas e Xustiza, Xosé Luis Méndez Romeu, presidiu esta mañá as reunións de análise e avaliación do funcionamento dos servizos contraincendios e salvamento na comunidade galega durante entre os días 4 e 15 de agosto. A xuntanza tivo lugar na Dirección Xeral de Protección Civil, nela participaron os xerentes dos Consorcios provinciais e comarcais de Bombeiros de Silleda, Carballo,Valdeorras, O Salnés e Laza, e os xefes dos parques de bombeiros da Coruña, Pontevedra, Vigo, Ourense, Santiago, Lugo e Ferrol.
Protección Civil e Bombeiros Urbans? Buff, a maioría xa sabe que estes colectivos actúan no mellor dos casos só no 5% de todos os lumes que hai en Galicia. A xunta ten estatísticas da actuación dos medios nos incendios forestais, grazas os partes de incendio que se elaboran de cada lume. Porque o bipartito ten tanto interese en obviar a existencia do SDCIF, sabendo que os seus efectivos actúan no 100% dos lumes forestais de Galicia? Porque non están os xefes do SDCIF nesa xuntanza de presidencia, cando o SDCIF é o núcleo da loita contra os lumes en Galicia?
Por favor, que alguén me explique cal é o interese propagandístico que pode ter manter unha xuntanza para evaluar a efectividade do operativo anti-incendios, cando os bombeiros urbans teñen unha presencia anegdótica e pola contra o SDCIF que é o servicio profesional especializado na loita contra os lumes forestais é marxinado.
Eu sei a resposta: O SDCIF neste momento propagandístico non interesa, máis ben é molesto. O bipartito non quere nestes momentos a naide que lle poña a realidade enrriba da mesa e que deixe en entredito o seu xa pouco crédito. Lembremos que o colectivo do SDCIF, leva dende que comezou o ano manifestándose pola dignidade do colectivo, esixindo melloras das condicións laborais e de dotación de medios.
Por suposto, o goberno agora de cara a galería, non lle interesan os conflictos, por iso fai "xuntanzas" sen contar co principal actor na loita contra os lumes: o SDCIF e si con outros colectivos que ainda que non teñan nada que dicir, polo menos sairan na foto sorrindo.
chúzame - 





