PiniBlog

www.pini10011.es

Archive for the ‘Hardware’ Category

Baterías BetaVoltaicas….30 anos sen cargar !!

outubro 3, 2007

As baterias betavoltaicas son un invento vello. Trátase de baterias nucleares pero que non usan fisión nen ningun proceso químico para producir enerxia, senon que aproveitan a enerxia que producen os electróns ao chocar contra certas superficies. Garantizan unha enerxia constante durante longos periodos de tempo o que as fai moi útiles tanto para o uso doméstico como para outros usos menos importantes :P como a medina ou a investigación. En inglés. Máis: http://en.wikipedia.org/wiki/Betavoltaics

Chuzame! chúzame -

Minicomputador con Linux para navegar pola Rede

marzo 14, 2007


Estes días estase a presentar polo mundo adiante o computador Linutop, un pequeno trebello a medio camiño entre as axendas electrónicas e os ordenadores persoais e que (ante todo) semella doado de carrexar (nestes tempos de mobilidade a toda costa e por riba de todos). O caso é que o computador Linux está especialmente deseñado para estar na Rede, e pouco máis. O problema é que non semella moi barato (280 euros) para o que inclúe: procesador AMD Geode, catro portos USB 2.0, 256 MB de memoria RAM, conexión Ethernet e unha chave USB de 1 GB para amorear documentos.

[ler máis]

Chuzame! chúzame -

Samsung desenvolve baterías para portátiles con enerxía para un mes

xaneiro 14, 2007

JPG - 82.9 KB

O modelo de portátil Q35 de Samsung

A principal razón de ser dos computadores portátiles, que é precisamente a súa portabilidade, vén de recibir un importante pulo da man de Samsung, empresa de tecnoloxía que asegura ter desenvolvido unha batería que subministra enerxía todo un mes e sen necesidade de achegármonos a unha toma de corrente.
Segundo se di en CanalPDA (facéndose eco de informacións do xornal coreano Chosum Ilbo), a batería en cuestión está deseñada para o equipo portátil Q35 e –como dixemos– non precisaría achega de enerxía sempre e cando non nos pasemos de oito horas ó día de funcionamento e cinco días á semana (que xa está ben).
A tecnoloxía empregada é a de célula de combustible DMFC (Direct Methanol Fuel Cell) e que consiste en aproveitar a enerxía que se desprende do paso do metanol á auga. A xuízo da firma Samsung e en contra do que se poida pensar, estaríamos a falar dun proceso limpo que non xera contaminantes como metais pesados e (atención) nin risco algún de estoupido (como as baterías máis tristemente famosas de Dell).

Chuzame! chúzame -

LG lanzará en breve un reprodutor dual de HD DVD e Blu-ray

xaneiro 8, 2007


No eido da tecnoloxía (e noutros eidos seguro que tamén), unha das teimas máis preocupantes das empresas e insistir día tras día no moito que están a traballar polo noso benestar, por facernos a vida máis doada e agradable. Porén, moi poucas se preocupan de darlle unha saída sostible e axeitada ós seus produtos unha vez que xa non cumpren a súa función (os países máis pobres do mundo estanse a encher de lixo tecnolóxico e non saben que facer con el). Mentres, obrigan ós consumidores a desfacerse ós poucos anos (ou até meses) da tecnoloxía que foi vendida como un desenvolvemento para perdurar e a reemprazala por outra nova que (agora si) vai ser o invento definitivo.
O caso do DVD é paradigmático de todo isto, cos dous novos formatos (HD DVD e Blu-ray) que veñen a substituílo nos nosos fogares poñéndonos ademais no dilema de decidírmonos entre un e outro, como en tempos tivemos que optar entre o VHS e o Beta. A solución a toda esta enleada? Probablemente pase por agardar a que a situación se estabilice e os prezos baixen antes de mercar nada, pero para os que non poden aturar a espera quizais sexa unha boa opción a que vén de presentar LG: un reprodutor dual cos formatos Blu-Ray e HD-DVD.

Chuzame! chúzame -

Máis memoria para a VGA significa máis velocidade ¿seguro?

decembro 18, 2006

Mais info en http://www.noticias3d.com/articulo.asp?idarticulo=650

Chuzame! chúzame -

Cingular ofrecerá conexións HSDPA a 7,2 Mbps

decembro 14, 2006

Mentres en España, operadoras coma Vodafone lanzan sistemas que permite a navegación dende ordenadores portátiles a velocidades de ata 3,6 Mbps valéndose da rede de telefonía móbil, noutros países xa están a mirar á evolución deste tecnoloxía (HSDPA) para permitir a comunicación a 7,2 Mbps, que Cingular ofrecerá a primeiros de 2007, polo que é de agardar que pronto se acheguen conexións semellantes en Europa.
En vista de tal cambio tecnolóxico, os fabricantes xa prepararon dispositivos coma o GlobeTrotter Express 7.2, que permite establecer conexións GPRS, EDGE, UMTS e HSDPA ata 7,2 Mbps, conectándose para o seu uso unha fenda PCMCIA de portátil.
A tarxeta tamén acepta tecnoloxías IPSec e VPN e adáptase á meirande de estándares marcados tanta para ordenadores portátiles como para equipos de telefonía móbil.

Chuzame! chúzame -

Neo1973: teléfono móbil aberto que corre sobre Linux

decembro 14, 2006

A idea dun teléfono móbil Linux de baixo prezo e cen por cen aberto está presente dende hai tempo en diferentes webs de usuarios e desenvolvedores e máis en foros de Internet, pero mais como unha arela que como unha realidade.
Probablemente, nunca antes chegou a ser tan real este aparello devecido como este mércores 13 de decembro, data na que foi presentado na Web o Neo1973, un teléfono que chegará ó mercado e en xaneiro e que ten a seguinte gran característica: está feito dende a cabeza ós pes con código aberto.
E virá da man da firma taiwanesa First International Computer (FIC), incluíndo un sistema operativo e middleware cun nome que pode dar lugar a chistes fáciles: OpenMoko.
Ó tratarse dun sistema aberto (baseados en parte nun kernel Linux 2.6), poderá ser modificado por desenvolvedores de todo o mundo.
O equipo, que é un GSM libre (non precisa licenzas nin permisos de operadores) inclúe pantalla táctil, receptor de GPS, 128 mb de memoria e radio cuadribanda, entre outras características.
Na web canalpda.com podemos atopar información abonda sobre este aparello, que (como todos podemos supoñer) é en si mesmo unha gran incógnita sobre as súas potencialidades no mercado.

Chuzame! chúzame -

OPS BlueQ: reprodutor multimedia con Bluetooth

decembro 14, 2006


Se ben o fabricante compostelán Blu:sens xa conta co seu propio reprodutor multimedia portátil con conectividade Bluetooth para a transferencia de contidos sen fíos, este tipo de funcionalidades parecen interesar a outras marcas que preparar dispositivos coma o IOPS BlueQ, que virá preparado para o seu uso con auriculares Bluetooth (o que pode resultar interesante para os usuarios que queiran levar o seu reprodutor nun peto ou nunha mochila mentres escoitan as súas cancións favoritas sen ter a incomodidade dos cables).

[ler máis]

Chuzame! chúzame -

Sony presenta o Blu-ray en España

decembro 14, 2006

 

Sony presentou en España o formato de discos de alta definición Blu-ray, que é o que incorpora a súa nova consola PS3, e que conta con moito apoio por parte de empresas de electrónica e de produción de contidos, aínda que deberá loitar no mercado cun formato alternativo: o HD DVD.
Aparte do desembarco deste novo formato no mercado español coa PS3, Sony tamén achegará reprodutores domésticos entre os meses de marzo e abril de 2007.
O fabricante nipón agarda repetir o éxito acadado coa PS2 e o DVD, de xeito que a súa nova consola sexa a punta de lanza do Blu-ray a nivel doméstico, aínda que a dificultade engadida de non ser o único formato no mercado (o que fai lembrar cómo rematou o Betamax) e o feito de os televisores de alta definición teñan unha presenza moi limitada nos fogares fan que o futuro dos novos formatos non estea moi claro.

[ler máis]

Chuzame! chúzame -

Caixa para conectar externamente ata 5 discos duros SATA

decembro 11, 2006


As necesidades de capacidade de almacenamento por parte dos ordenadores levou a potenciar enormemente o sector das unidades de disco externas, que normalmente se conectan por portos USB 2.0 ou Firewire, pero que, para usos máis intensivos ou esixentes (como a montaxe de vídeo) non resultan suficientes, polo que se tende a empregar dipositivos Serial ATA externos, de aí que o fabricante Novac lanzase no Xapón o seu dispositivo NV-HS372S, que vén a ser unha caixa que permite a conexión de ata 5 discos duros SATA para o seu uso cun rendemento homologable ó dos discos internos.

Chuzame! chúzame -

Hardware : Ferramentas novas

novembro 30, 2006

Presente e futuro da imaxe.
A pantalla LCD máis fina lograda ata o de agora. Polo momento para móbiles.

Enlace Samsung
Fonte: Códigocero

Chuzame! chúzame -

Un novo móbil achega contidos de televisión dixital en só 12,9 mm de grosor

novembro 22, 2006

A incorporación da televisión dixital ós móbiles a través da tecnoloxía DMB parecía limitarse a grandes terminais, máis semellantes ós reprodutores multimedia portátiles que ós teléfonos móbiles actuais, tendencia que racha Samsung co seu SCH-B630, que é un novo móbil que conta cunha cámara de 3 Mpíxeles integrada e recepción de televisión dixital cun grosor de só 12,9 mm, polo que pode confundirse con calquera móbil sen tan elevadas prestacións.
O novo móbil tamén contan con saída de televisión (para poder ver as canles que emiten mediante DMB nun televisor) aínda que esta tecnoloxía só está dispoñible polo momento en Corea do Sur, xa que en Europa procurarán promover o estándar DVB-H para a transmisión de televisión para o móbil

Chuzame! chúzame -