PiniBlog

www.pini10011.es

Archive for the ‘Hack’ Category

Qué Pensar de WPA

setembro 5, 2007

Despois de moito tempo lendo articulos nos que se decía o porqué da seguridade que brinda WPA, e de escoitar unha e outra vez que non se pode crackear, puxenme a buscar en páxinas "especializadas en seguridade wireless", e comentábase que en certa medida si é posible romper o WPA, sempre atendendo a contraseñas potencialmente débiles e outros asuntos, pois ben, despois de moito intentalo e non conseguir nada, hoxe tivo fruto a investigación, por fin din crackeado unha WPA e por tanto colgado iste articulo no blog :)

[ Ver Imaxe Asociada ]

Chuzame! chúzame -

Para os despistados e cómodos, xa temos luz…..

febreiro 22, 2007

De novo por aquí e con noticias:

 Pois eso xa temos luz dende hai tempo, http://www.todopcsat.com/news.php, aquí atópase todo o necesario, O todoPckey, que xenera o Sofcam.key, e outras cousas, decir que para visualizar o tete pigital e esas cousas só é necesario actualizar o Sofcam.key, e nin sequera se necesita o Vplug, pois funciona inclusive máis rápido co S2emu.

Chuzame! chúzame -

Como clonar pasaportes electrónicos (en 5 minutos)

xaneiro 14, 2007

Lukas Grunwald e Christian Bottger, traballadores da consultora DN-Systems, din que son capaces de clonar o chip RFID que leva o pasaporte electrónico británico en só 5 minutos. Para facelo empregaron un lector RFID e Golden Fear, a ferramenta que utiliza a policía para ler os chips. Unha vez obtidos os datos pásanos ao ordenador, cun programa que desenvolveron eles mesmos, e de ai a un novo chip sen datos. Todo en 5 minutos. O Ministerio de Interior do Reino Unido di que a copia non implica falsificación.

Chuzame! chúzame -

Crackean o emulador de PlayStation para PSP

decembro 27, 2006

As novas consolas de videoxogos contan con tanta potencia que son capaces de emular equipos anteriores de xeito que dan unha segunda vida ós vellos xogos, e no caso da PSP de Sony permite o achegamento de xogos da súa vella PlayStation á consola portátil, aínda que estes xogos se teñen que mercar para a súa descarga, pero varios hackers conseguiron adaptar a aplicación de Sony para que permite a carga de imaxes dos xogos de PlayStation de balde, polo que os usuarios poden copiar ó seu PC os seus xogos favoritos para a clásica consola de Sony e copialos logo a unha tarxeta de memoria para a súa carga na PSP.

Chuzame! chúzame -

Como clonar pasaportes electrónicos (en 5 minutos)

decembro 19, 2006

Lukas Grunwald e Christian Bottger, traballadores da consultora DN-Systems, din que son capaces de clonar o chip RFID que leva o pasaporte electrónico británico en só 5 minutos. Para facelo empregaron un lector RFID e Golden Fear, a ferramenta que utiliza a policía para ler os chips. Unha vez obtidos os datos pásanos ao ordenador, cun programa que desenvolveron eles mesmos, e de ai a un novo chip sen datos. Todo en 5 minutos. O Ministerio de Interior do Reino Unido di que a copia non implica falsificación.

                                                                                                                             [Ler Máis]

Chuzame! chúzame -

Cia Commander

decembro 15, 2006

 Fai unhas horas un compañeiro de clase, Alberto, comentábame que estaba buscando un programa de extraño nome, pois ben, resultou ser o Cia Commander... 

Unha boa utilidade para recuperar contraseñas de windows XP/2000, xa sexa porque a olvidaches ou porque non a sabes (vexase que intentas conseguir permisos de administrador), hai que ter en conta que só funciona con particións NTFS, e de modo sinxelo, permite acceder ó rexistro para modificar o que sexa necesario :)

 Descarga CIA Commander 1.0

Chuzame! chúzame -

Crakeados os servidores de activación de Windows Vista

decembro 11, 2006

Todas as copias de Windos Vista deben ser validadas a traves de Internet, para que sea máis sinxelo validar grandes volumes de ordenadores Microsoft desenvolveu "Volume Activation 2.0", un sistema que permite que de todo o conxunto de ordenadores dunha empresa só un sexa o que conecte ao servidor de Microsoft. Esto deulle a idea a un grupo de piratas que desenvolveron un servidor de activación local que corre sobre VMware Player :)

Chuzame! chúzame -

Un hacker romanés converteu computadores da NASA en espazos de chat

decembro 5, 2006

Para entrar sen estarmos previamente convidados hai casas e casas, e a da NASA probablemente figure nalgunha listaxe “non oficial” de espazos de “alto interese turístico”, sobre todo entre a comunidade hacker.
Precisamente a esta comunidade é á que pertence o mozo romanés Victor Faur (22 anos), presunto pirata informático que vén de ser acusado pola Axencia Espacial Americana por ter entrado sen permiso nos seus sistemas informáticos, segundo informa a policía romanesa. As andainas de Faur na NASA consistiron basicamente en conseguir que os equipos informáticos da axencia operasen como espazos de chat.
A finalidade de todo isto? Abrirlle novas portas ás posibilidades da comunicación, ó permitir que os restantes membros do grupo de hackers (chamado en certos ambientes WhiteHat TeaM) tivesen diálogos cruzados.
Os computadores que foron visitados polo mozo romanés contiñan información de valor para a NASA. De feito, albergaban datos sobre programas espaciais e novos proxectos tecnolóxicos, polo que é de supoñer que as medidas de seguridade eran certamente rigorosas.
Segundo a Xustiza de EE UU, os danos que Faur podería ter causado á axencia chegarían ós 1,3 millóns de dólares, delito que naquel país pode ser castigado con até 54 anos na cadea.
Sexa como sexa, o mozo non poderá ser levado perante a Xustiza norteamericana, xa que no acordo sobre extraditación asinado con Romanía non se ten incluído apartado algún sobre que se fai con delincuentes tecnolóxicos.

Chuzame! chúzame -

Shimpinomori.net Un reto hacker

decembro 4, 2006

Despois de comprobar as fazañas que moitos individuos chegan a facer para mercar aparellos de última tecnoloxía, non é de estrañar que unha chea de tecnófilos anden a remexer os miolos co fin de adquirir unha consola PlayStation 3 sen pegar pau e de balde.
Así, para todos aqueles que non dispoñan dos máis de 500 euros que custa a cotizada videoconsola aquí en Europa, a web shimpinomori.net, propón un curioso (á vez que atractivo) reto que consiste en agasallar cunha PlayStation 3 ó primeiro que consiga hackeala antes de que remate xaneiro.
Os creadores do concurso, fixéronse cunha PS3, instaláronlle o sistema operativo Linux e, a través dela, puxeron en marcha unha páxina web, na que anuncian o devandito concurso.
As normas son sinxelas, trátase de substituír a fotografía do neno coa PS3 que aparece na web por outra calquera e enviar unha mensaxe a este foro anunciando a vitoria.
O vencedor será galardoado cunha PlayStation 3, con tódolos accesorios de serie, Linux preinstalado e o disco duro reemprazado por outro de 160 Gb, ademais dun cable HDMI (de alta definición) e o videoxogo Resistance: Fall of Man.

Chuzame! chúzame -