Archive for the ‘Enlaces’ Category
decembro 27, 2006
A partir do vindeiro 1 de xaneiro do 2007, a web do DOG permitirá realizar buscas nos títulos de tódolos exemplares atrasados publicados dende 1995, tanto en galego como en castelán, sen que teñamos que recorrer á edición impresa para ver as disposicións contidas no interior.
Cómpre dicir que até o de agora só se podía acceder por completo ó contido dos números publicados nos últimos trinta días, xa que as publicacións anteriores non incluían os contidos das súas disposicións e para consultalas había que botar man do papel. Agora, coa chegada do novo ano, o Diario Oficial de Galicia poderá consultarse en liña facilitando, deste xeito, o labor cotiá de moita xente.
[ligazón permanente]
chúzame -
decembro 27, 2006
As buscas locais están a potenciarse constantemente na Rede de cara á toma de posicións para un futuro no que poderían ser os servizos máis importantes na Internet, polo que tódolos grandes portais están a apostar polos sistemas de mapas que serían unha peza chave de cara á localización tanto do usuario como dos servizos no mundo real que desexe localizar.
Nesta liña, Google vén de mercar a compañía suíza Endoxon, de xeito que mellorará os seus mapas europeos tanto para Google Maps como para Google Earth, corrixindo así unha das principais debilidades destes sistemas, que amosan moita información dos EE.UU. pero parecen ignorar ó resto do mundo.
[ligazón permanente]
chúzame -
decembro 19, 2006
Co gallo do partido entre a Selección Galega de fútbol e a de Ecuador, Vieiros publicou un parche que permite modificar o xogo Pro Evolution Soccer 6 para incorporar á equipación galega, de xeito que os afeccionados ó fútbol virtual poidan levar ás súas pantallas o que o vindeiro día 28 se poderá ver no terreo de xogo do Estadio de Riazor de A Coruña.
[ler máis]
chúzame -
decembro 19, 2006
Google xa leva tempo permitindo o emprego do seu sistema de mapas para ver a superficie luar para facer un seguimento das expedicións Apolo, pero agora amplían o seu acordo coa NASA de xeito que co motor de Google Earth o usuario pode moverse pola superficie da lúa (ou de Marte) cunha impresionante perspectiva tridimensional que tamén permitirá facer seguimentos da Estación Espacial Internacional e as actividades dos transbordadores espaciais en tempo real.
[ler máis]
chúzame -
decembro 11, 2006
O goberno español e Microsoft asinaron hoxe un acordo que lle permitirá ao Centro Nacional de Inteligencia (CNI) acceder ao código fonte do paquete ofimático de Microsoft Office.
Máis info : http://www.20minutos.es/noticia/180883/0/cni/codigo/office/
chúzame -
decembro 11, 2006
O programa Google Earth, que permite ver imaxes aéreas de todo o mundo cun detalle impresionante, permite a integración de distintos contidos mediante capas gráficas que se superpoñen ás imaxes, e acaba de incorporar a que dán en chamar Geographic Web, que é un machuco de contidos da Wikipedia, de Google Earth e de Panoramio.
Deste xeito, cando un se achega dende o Google Earth a unha poboación pode ver información relativa a tales lugares extraída dos servizos web devanditos, polo que serve para coñecer a historia dun lugar ou mesmo para ver fotografías tomadas en tales sitios.
chúzame -
xullo 13, 2006
Así nos contan en Verdegaia o tema: Presentámosche as 10 especies da nosa flora e fauna máis ameazadas de extinción. Fixemos unha listaxe con algunhas das especies con maior risco de extinción, procurando incluír representantes de diferentes grupos da nosa fauna e flora. Non buscamos incluír as que poderían ser, en rigor, as10 especies máis ameazadas, senón facer unha chamada de atención para que a Consellería de Medio Ambiente poña en marcha canto antes planos de recuperación para as especies en maior perigo de extinción. E non só para as máis emblemáticas ou populares.Ler Máis
chúzame -
xullo 4, 2006
Elephants Dream, a película feita con ferramentas libres, principalmente con Blender 3D, da que algunha vez xa temos falado en AGNIX, xa se pode descargar. Ademais da película para a súa visualización, tamén se poden descargar os fontes do Blender, banda sonora, así como fotos da súa produción, todo baixo licenza Creative Commons. Elephants Dream foi criada polo Orange Open Movie Project studio en Amsterdam no periodo 2005/2006 cunha equipa de artistas e desenvolvedores de todo o mundo
chúzame -