Archive for the ‘Electrónica’ Category
decembro 27, 2006
Visperas do día dos inocentes, este ano non pico...jejejej :), por aquí unha fabulosa antena para recepción dos satélites NOAA, de fácil construcción, e moi bons resultados, existe unha variante chamada helicoidal doble, que según din por ahí é a máis recomendada,pero a min gústame esta.
chúzame -
decembro 13, 2006
O outro día buscando referencias sobre un transistor, encontrei este buscador.
http://www.ee.washington.edu/circuit_archive/parts/cross.html
chúzame -
decembro 5, 2006
O Hotbird ten habilitado un servicio chamado EUMETCast DVB Service, co cal podemos recibir imaxes meteorolóxicas do satélite Meteosat-8 en alta definición, o problema é que o servicio non é gratuito, se ben o programa se pode crackear, necesítase unha licencia, de todas formas unha licencia educacional e relativamente barata, creo que sobre 30 euros/ano , se alguen se anima podemos pillar unha entre uns cantos, para ver como vai o sistema, igualmente animo a xente a que siga investigando como se pode captar o tráfico e decodificalo de forma que poidamos facelo dun xeito gratuito.
Para máis info, web que explica como podemos configurar o sistema
En www.zackyfiles.com/foro pódese atopar un tema aberto por min sobre este tema, as conclusións as que chegamos non foron moi logradas pero.....
chúzame -
decembro 2, 2006
fid_za_ofset_parab_ant_2g4.pdf , esquemas e explicación (checo) , e espectrogramas de como montar esta antena.
chúzame -
abril 1, 2006
O outro día comentábame un compañeiro, que ía probar un sistema para facer os circuitos impresos, sin necesidade de insoladora nin placa fotosensible. Consiste en imprimir o circuito cunha impresora láser, logo aplícaselle calor cunha plancha e o tóner pégase na placa de cobre, pasámola por ácido atacador e listo, dende logo, teño que reconñecer que non pensaba que saliran tan ben, por aquí quedan as placas que fixo Luis, moi profesional, si señor.
chúzame -
marzo 18, 2006
Os NOAA, son uns satélites meteorolóxicos polares, que transmiten os datos en 137Mhz, a calidade das imaxes é inferior que a do Meteosat, pero e unha frecuencia moito máis doada de traballar, fai uns meses que conseguín uns esquemas para montar un receptor en 137Mhz, actualmente Luis, está a montar dito aparato, tivemos problemas para encontrar os transformadores de frecuencia intermedia, pois xa non se venden, e parece ser que os novos filtros que sustituiron a estes cacharros non teñen o suficiente FI para o receptor, tivemos que reciclar uns cantos, dunhas radios vellas:), vamos, que a ver se funciona o aparato.
chúzame -
marzo 3, 2006
Como algúns saben, levo tempo construindo un xenerador de funcións con frecuencímetro integrado, de momento ainda non está rematado, fáltame axustar o frecuencímetro, pois o marxe inferior está en 100KHz, e necesito que mostree a partir de uns Herzios, a ver se o consigo, polo demais, (agás uns componentes que están encargados na tenda),está todo listo, para que o que así o desexe poida descargar os esquemas do aparato, así como algunha que outra foto, vou deixar por aquí os ficheiros:
Circuito placa base, fuente de alimentación , botonera , Frecuencímetro
Circuitos impresos: Base, Frontal, F.d.A, Frecuencímetro,Frecuencímetro comp
Fotos del montaje , archivo para programar o Pic 16F84 que usa o frecuencímetro e o archivo pdf orixinal do frecuencímetro (en Italiano)
En pouco tempo coido que estará rematado:)
Este proxecto é obra (como outros moitos) de EA4NH, a quen dende aquí lle mando un saúdo pola súa atención.
chúzame -