PiniBlog

www.pini10011.es

Archive for abril, 2007

3 Ofertas de empleo, Cesga

abril 30, 2007

Pois eso, máis info en oferta_cesga.pdf , do_apl_anuncio_2tec_appl_cas.pdfdo_sis_anuncio_tec_sis_grid.pdf , Animo pichi a ver se te collen desta :)

Chuzame! chúzame -

Meravigliosa creatura

abril 28, 2007

Recentemente vin un anuncio que me recordou esta canción :) 

Chuzame! chúzame -

Instalar DD-WRT nun PC ?

abril 19, 2007

Pois si, ó igual que outras moitas distros como pode ser a mitica Coyote-Linux, o DD-WRT tamén se pode instalar nun ordenador, evitando así os típicos problemas dos routers, puntos de acceso, etc, a falta de memoria, e outras historias.Coa instalación nun Pc, teriamos todo un servidor con multiples posibilidades de configuración, administración remota con WebAdmin, etc.

Podes ver as múltiples posibilidades aquí-->  01-05-2007

Chuzame! chúzame -

Versións Beta de DD-WRT

abril 19, 2007

Relacionado coa noticia anterior, fai tempo que se poden probar as betas do DD-WRT, todas están no wiki, pódelas descargar aquí-->dd-wrt.v24 beta , en concreto eu probei fai pouco as do directorio  2007 - 0416, que veñen sendo as últimas, e atopei algún que outro falliño, pero pouco importantes.

Chuzame! chúzame -

Como revertir o firmware dos buffalos de DD-WRT o orixinal

abril 19, 2007

Pois ben,para este menester existe un firmware que podes descargar aquí, segundo o modelo do teu buffalo:

WHR-G54S_1.20_eng    WHR-HP-G54-1.40-ENG

WHR-HP-G54-ger           WZR-G300N.bin

Tamén funciona o que che envían os de buffalo, si o mesmo que server para cando non tes ou perdes o contrasinal :)

Chuzame! chúzame -

Nace castrenor.com, un proxecto que dá a coñecer os castros da beira do Miño

abril 16, 2007

Co obxectivo de contribuír ó coñecemento e á divulgación das raizames históricas de Galicia e do Norte de Portugal (territorios curmáns que teñen en común longos anos de tradicións), naceu Castrenor, un proxecto europeo que permitiu desenvolver unha web na que se recolle completa información sobre os castros existentes en distintos puntos desta eurorrexión.
Deste xeito, en castrenor.com podemos atopar detallados contidos sobre os xacementos castrexos visitables de Galicia e Portugal, nun proxecto que promove o coñecemento do patrimonio cultural común ós bordes do río Miño, no que participa a Consellería de Cultura e institucións portuguesas.

Chuzame! chúzame -

A Asociación de Internautas achega ferramentas de balde para protexer as redes WiFi

abril 16, 2007

Segundo informa a Asociación de Internautas, unha boa parte das redes WiFi coas que nos topamos na nosa vida cotiá de usuarios está completamente desprotexidas. Isto, que xa semella preocupante de por si, pode achegar máis dunha mala xogada á persoa responsaba de ter posto en marcha ese punto de acceso en concreto, sexa o usuario principal ou non. Para o devandito colectivo hai dous grandes perigos: por unha banda, que unha persoa sen coñecementos técnicos use a conexión de outra e, pola outra, que acceda á súa propia conexión deixando todos os seus datos expostos. Isto podería corrixirse cunha configuración axeitada do router mais, para máis seguridade, a Asociación (a través da Campaña contra o fraude online e pola seguridade na Rede) vén de poñer a disposición da comunidade redeira unha ferramenta de balde que favoreza a privacidade.
Consiste basicamente nun xerador de claves WEP (Wireless Equivalent Protocol) e WPA (WiFi Protected Acces) de xeito aleatorio. WEP.ex achega claves de 64, 128 e 256 bits de maneira que fornece ó usuario de catro claves que poden ser empregadas de xeito inmediato, tanto para plataformas Windows como en Linux. Na web do colectivo especifícase polo miúdo e por partes o proceso de instalación.

Chuzame! chúzame -

Infraestructura de AestradaDixital

abril 10, 2007

Cando menos envexable, claro que con 1.300.000 euros, xa non ten tanto merito :), eso sí, parece que hai certa esquina do concello, en concreto a zona de Orazo, que ainda non goza dunha cobertura axeitada, esperemos que pronto esté reparado.

 

Topoloxía e Configuración da rede:

 

                                           

 

 

Centro de procesamento de datos:

Chuzame! chúzame -

Non está claro cando é o meu cumpleanos ?

abril 10, 2007





 

Falta pouco! :)

Chuzame! chúzame -

O teu nome en Chino, arabe….etc

abril 10, 2007

nome.JPG
Pois eso, este de aquí ven sendo o meu nome en chino, faría falta un chino para comprobar se efectivamente é así, estas e máis chorradas nesta páxina

nome2.JPG

Igualmente atópase en árabe,xeroglíficos, etc

Chuzame! chúzame -

V Xornadas GNU/Linux de Ordes

abril 9, 2007

Programa V Xornadas GNU/Linux de Ordes

Xoves 5 de Abril

9:30 Presentación e entrega do material

10:00 Introducción ó software libre, Salvador Tabarés (Inestable)

12:00 O proxecto Trisquel: Presentación e funcionalidades

16:00 Procesando e mezclando video en tempo real Demo-Taller de DelVJ

Venres 6 de Abril

9:30 Taller de LAMP's, Óscar Casal (GLUG)

12:00 Seguridade en Gateways: Software Libre vs Software privativo, David Martínez Carballo (Symantec | OUSLI)

16:00 Introducción a CakePHP: o PHP fácil, Toni Martínez Carballo (OUSLI)

18:00 Introducción a AJAX & Prototype, Tomás Vilariño (Mancomun | OUSLI)

Sábado 7 de Abril

9:30 Taller de Inkscape [1] : Introducción ó deseño vectorial libre, Denís Fernández (GLUG)

16:00 Traballando no kernel dentro dunha distribución, Juan Quintela Carreira (RedHat kernel-xen Maintainer | MADS Group Universidade da Coruña)

Chuzame! chúzame -