Archive for marzo, 2007
marzo 29, 2007
Semella que esta información e outras semellantes sobre a chegada real a Galiza dos accesos en condicións a Rede teñen que ser colleitas con moito tino, a xulgar polo que está a dar de si unha entrada recente no Blogovic e os comentarios desencadeados por ela no blog e máis en Chuza!, e a xulgar tamén polos correos electrónicos que chegan decote á redacción de Código Cero nos que se pon sobre aviso: non se está a facer todo o que debería facerse, nin dende as administracións nin dende as compañías, para levar a Rede a toda a nosa terra. E todo iso malia a boa fe e a ilusión de moitas das persoas que están a traballar en proxectos de dinamización, ilusión por paliar a fenda dixital que non serve de moito se logo (como nos conta a autora do devandito artigo en Blogovic) as empresas que se encargan de subministrar infraestrutura deciden dixirir a vista cara a outro lado, sobre todo porque (din) non atopan rendibilidade en equipar unha boa parte das nosas vilas e aldeas.
[ler máis]
chúzame -
marzo 22, 2007
Nos últimos días aparecen varias noticias que pretende darlle outro puxo á liberdade en Internet. E non é que vaian facer Internet máis libre, senon que achegarán a liberdade de Internet a máis persoas.
Trátase de dous sistemas que pretenden facilitar a creación de contidos para Internet desde o noso propio PC. Se esta idea medra, cada ordenador doméstico rematará por convertirse nun servidor, co que a distribución dos contidos pola rede estaría xá un 99% en máns da cidadanía.
Por un lado está Hybrid Share. Pretende ser un xeito de compartir arquivos en Internet, como outras aplicacións P2P, pero coa diferencia de que se empregarían grupos de amigos, en plan mensaxería instantanea para controlar o acceso ós mesmo. Isto nos permitirá compartir arquivos de xeito controlado, de forma similar a como se fai nas redes locais, e sen necesidade de grandes coñecementos técnicos.
Ademáis agora presentan izmi que nos permitirá ter o noso blogue, fotoblogue, podcast… aloxados no noso propio equipo, só arrastrando e soltando os contidos que desexemos publicar.
En realidade este plantexamento "un host, un server" non é novo, pero o que sí é novo é o tipo de tecnoloxía, que achega a idea ó usuario medio. Creo que son tecnoloxías moi interesantes para aplicar en una rede de area metropolitana.
¿Coñecedes máis aplicacións de este tipo?
chúzame -
marzo 22, 2007
Pois eso, ideas, como Refrixerar unha fonera:

Non pode haber método máis básico e con mellor resultado que un ventilador, claro que ten os seus inconvenientes
chúzame -
marzo 22, 2007
O porqué de usar un túnel vpn con pptp e mppe , da man do enigmático señor Gentoo, un tutorial explendido
[Ver tutorial]
chúzame -
marzo 22, 2007
Na nosa terra, hai aínda amplas zonas de territorio que non teñen nin tan sequera unha mínima opción de conectarse á Rede en boas concidións, ben sexa porque viven en lugares de orografía complicada, ben porque ás operadoras que subministran o servizo non lle atopan o negocio a habilitar infraestrutura alí, ben porque as administracións non poden custealo a curto prazo, ou ben por todas esas razóns á vez e algunha máis que se nos esquence. Mais, paseniño (máis paseniño do que nos gustaría) esa certa brétema dixital na que vive Galiza semella ir disipándose. Polo menos, así o vén de asegurar o Goberno central: ó longo deste ano, a banda ampla chegará a uns 3.000 lugares do rural galego, segundo consta no novo calendario da segunda fase do Programa Nacional de Extensión de Banda Ampla. Dase a (boa) casualidade de que os galegos e galegas que non temos aínda Internet ó alcance da man poderemos seguir de preto nesta listaxe que núcleos de poboación se van sumando á Rede de alta velocidade e que tecnoloxía se emprega en cada un deles.
Podes consultar a listaxe aquí--> Planificación_2007.xls
chúzame -
marzo 18, 2007
A experiencia de levar Internet á porta dos veciños (con independencia de que vivan nas vilas ou non) en concellos galegos coma os máis avanzados no plan Cidades Dixitais ou mesmo en Avión, semella ter sido proveitosa, aínda que só sexa coa finalidade de cubrir zonas de sombra dixital na nosa terra ou de informar ós galegos das vantaxes e usos da Internet. Á listaxe dos devanditos concellos (entre outros que moi posiblemente fiquen no tinteiro) cómpre engadir agora a Lalín, que está a estudar as posibilidades de poñer en marcha un proxecto de acceso sen fíos a Internet, televisión e telefonía, a través da tecnoloxía Wimax e nas 52 parroquias que integran este termo municipal pontevedrés.
Así o fixo saber os días pasados o alcalde Xosé Crespo, que xa anunciou que o proxecto bebe do posto previamente en marcha en Molina de Segura (Murcia), que forma parte do proxecto Cidades Dixitais (como A Estrada, As Pontes ou Vilalba). A iniciativa de Lalín, que levaría consigo un investimento de 200.000 euros, tería o seu alicerce no que se coñece como “Wimax”, unha tecnoloxía que non che obriga a habilitar quilómetros de fíos e que, combinada con outras como WiFi ou Mesh, permite achegar zonas de luz (de acceso, neste caso) alí onde a priori non sexa posible, algo que acontece en Galiza en moitas máis ocasións das desexadas, sobre todo pola súa paisaxe accidentada.
O caso é que a infraestrutura que prepara o Concello de Lalín tería unha frecuencia de 5 xigas, encamiñados a abranguer un radio de até 25 quilómetros de superficie. A idea é de que unha vez que se habiliten as antenas e o resto do equipamento, se poida poñer en marcha o servizo para os veciños nun prazo de tres ou catro meses.
chúzame -
marzo 14, 2007
Estes días estase a presentar polo mundo adiante o computador Linutop, un pequeno trebello a medio camiño entre as axendas electrónicas e os ordenadores persoais e que (ante todo) semella doado de carrexar (nestes tempos de mobilidade a toda costa e por riba de todos). O caso é que o computador Linux está especialmente deseñado para estar na Rede, e pouco máis. O problema é que non semella moi barato (280 euros) para o que inclúe: procesador AMD Geode, catro portos USB 2.0, 256 MB de memoria RAM, conexión Ethernet e unha chave USB de 1 GB para amorear documentos.
[ler máis]
chúzame -
marzo 14, 2007
Darlle un novo pulo á tecnoloxía sen fíos Wimax, especialmente axeitada para unha orografía tan accidentada como a galega. Ese é o gran obxectivo da Universidade da Coruña (a través do Grupo de Tecnoloxía Electrónica e Comunicacións), a empresa Wireless Galicia e a Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), integrantes dunha alianza encamiñada a desenvolver na nosa terra o acceso á Rede a través deste tipo de canles, concretamente a do estándar Wimax Mobile. A xuízo dos promotores deste proxecto, esta tecnoloxía é a que vai permitir que amplas zonas de Galiza teñan finalmente conexión á Internet, xa que Wimax (sinalan) chega a onde non chega WiFi, fornecendo ás vilas e aldeas de cincuenta quilómetros de radio no canto dos 300 metros que vén achegando WiFi, e con menos cortes e interferencias (porén, a idea é combinar ámbalas tecnoloxías).
chúzame -
marzo 6, 2007

Dende logo, vese ben, eso que está nublado, ten uns pequenos fallos, no principio, que imaxino que son por falta de sinal, pero está moi lograda, dende logo un día de verán pódese ter unha imaxe moi boa
chúzame -