Archive for febreiro, 2007
febreiro 27, 2007
Buscando e buscando, atopei unha páxina interesante neste aspecto,posto que non é necesario instalar ningún tipo de software, tan só pegar o código hexadecimal e convertir a ensamblador. Queda o enlace por aquí :
http://www.geocities.com/dinceraydin/pic/djdasm/djdasm.html
Espero que sexa de utilidade . :)
chúzame -
febreiro 24, 2007
Esta é unha opinión de Compostelawireless sobre o mellor AP de Fon, en concreto este corre DD-WRT:
Di Así:
Cuando estuvimos en la SIMO-2006, nos encontramos el estand de FON hasta arriba y la cosa era que si te dabas de alta te mandaban LaFonera (29 euros + gastos de envío), gratis a casa.
Nos dimos de alta nos llamaron hace una semana para decirnos que se quedaron sin stock (yo ya me había olvidado de ella) y el viernes me llegó:

El aparato en sí como viene es una castaña (por cierto FON son aquellos que nos hicieron decir ESTO), pero utilizando el manual que se encuentra en CompostelaWireless: Secciones -> Redes WiFi -> La Fonera de FON y DDWRT, la mariposa comercial muere y se convierte en lo mejor que he visto hasta ahora en cuanto AP (Access Point) se refiere (FON es el cazador cazado), no tengo palabras para definir lo que es el mejor AP del mercado gratis.
chúzame -
febreiro 24, 2007
A plataforma PuntoGal segue a traballar a prol dun dominio propio para a nosa cultura en Internet (“.gal”) e a recadar apoios en tódolos recunchos posibles. Por unha banda, continúa coa recollida de sinaturas a título individual na web (a día de hoxe venres 23 a campaña xa vai polas 3.800 achegas) e, pola outra, prosegue coas xuntanzas con representantes políticos galegos co fin de acudir perante a ICANN (o organismo mundial que xestiona a entrega dos dominios e que se reunirá a finais de marzo en Lisboa) co meirande número de implicacións. Nesta liña é onde cómpre situar a reunión mantida esta semana en Santiago co presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño. A cita, que se desenvolveu no despacho do titular do goberno galego en San Caetano, tivo por obxecto transmitirlle ó presidente as medidas que se están a tomar con vistas á proposta da candidatura galega perante o ICANN (entre esas iniciativas cóntase a campaña para acadar apoios nos centros galegos e nos lectorados das universidades que dará comezo en breve).
Pola súa parte, Pérez Touriño fixo fincapé no relevante que pode ser para Galiza e para a promoción da súa cultura e identidade no mundo o feito de acadar un dominio propio.
|
|
chúzame -
febreiro 23, 2007
Dende logo menudo dúo!!
http://youtube.com/watch?v=QpsSvLxbGog
chúzame -
febreiro 23, 2007
Esta tecnoloxía da que falamos agora aquí é ideal se temos o computador cheo de imaxes nosas vestidos de cabareteiras ou con ligas e chapeu de chistera. Ou sexa: que teremos un disco duro que non nos gustará nadiña que nolo toquen. Polo tanto, este sistema chamado WT-Infoward II recupera para o noso solaz e tranquilidade aqueles tempos nos que nas historias de espías os achados de contidos descubertos de súpeto sempre remataban do mesmo xeito: “Esta mensaxe autodestruirase en vinte minutos”. Iso é basicamente o que lle espera ó curioso/a que queira descubrir que tal nos acaía o traxe de cupletista no Entroido pasado: a destrución dos datos, en so 0,2 segundos (o tempo en que abre e pecha os ollos con abraio o aprendiz de espía).
[ler máis
chúzame -
febreiro 23, 2007
Por primeira vez na historia e logo de 40 anos galardoando exclusivamente ós varóns, o Turing deste ano, un premio que poderíamos cualificar de “Nobel de Informática”, recaerá na científica, Frances Allen, unha muller de 75 anos formada na Universidade de Michigan que se incorporou á plantilla de IBM no 1957.
Dende que o galardón Turing foi instaurado en 1966 pola Asociación para a Maquinaria Informática, tódolos anos premiou avances en eidos como os da intelixencia artificial ou a codificación. Desta volta, Allen é meritoria do recoñecemento (que ascende a 76.120 euros) polos seus traballos de optimización de programas de tradución de linguaxes informáticas entre si, algo empregado en campos tan dispares como as previsións meteorolóxicas ou a seguridade nacional.
[ligazón permanente]
chúzame -
febreiro 23, 2007
Chámase Galicia 21 e é unha revista sobre estudos galegos que non está a pórse en marcha dende a nosa terra nin tampouco vai ser publicada en papel, senón na Rede. En realidade, os responsables deste proxecto traballan ben lonxe de Galiza (o que non significa que non a teñan ben en conta e que non estean fortemente comprometidos con dala a coñecer a afondar na súa cultura), concretamente dende a Universidade de Stirling e a de Bangor, onde desenvolven o seu labor Craig Patterson e máis Helena Miguélez, respectivamente. Galicia 21, que está en preparación e que sairá oficialmente ó mundo virtual en outubro do vindeiro ano, tocará moi diversos temas relacionados cos estudos da nosa terra.
[ler máis]
chúzame -
febreiro 23, 2007
Se tes unha empresa entre mans e estás afeito a que nesta empresa as cousas saian máis ou menos ben (malia que che saia algún produto certamente explosivo) e a fumarte decote un habano coas pernas enriba do escritorio é moi probable que non esteas na mellor disposición para abordar de xeito tranquilo unha liña estratéxica que (mágoa) non moitas multinacionais abordan: preguntarlles ós clientes a súa opinión sobre o que fabricas e sobre o que fabricarás.
[ler máis]
chúzame -
febreiro 22, 2007
De novo por aquí e con noticias:
Pois eso xa temos luz dende hai tempo, http://www.todopcsat.com/news.php, aquí atópase todo o necesario, O todoPckey, que xenera o Sofcam.key, e outras cousas, decir que para visualizar o tete pigital e esas cousas só é necesario actualizar o Sofcam.key, e nin sequera se necesita o Vplug, pois funciona inclusive máis rápido co S2emu.
chúzame -