Desaparecido ata o día 20 + ou -
xaneiro 22, 2007Pois eso que ata pasar o día 20 non estarei por aquí, tampouco nos foros, aburiño
chúzame - Pois eso que ata pasar o día 20 non estarei por aquí, tampouco nos foros, aburiño
chúzame - Lukas Grunwald e Christian Bottger, traballadores da consultora DN-Systems, din que son capaces de clonar o chip RFID que leva o pasaporte electrónico británico en só 5 minutos. Para facelo empregaron un lector RFID e Golden Fear, a ferramenta que utiliza a policía para ler os chips. Unha vez obtidos os datos pásanos ao ordenador, cun programa que desenvolveron eles mesmos, e de ai a un novo chip sen datos. Todo en 5 minutos. O Ministerio de Interior do Reino Unido di que a copia non implica falsificación.
chúzame - Mancomun.org acaba de "poñer a funcionar unha nova lista de distribución de correo electrónico, chamada "Ofertas de traballo relacionadas co Software Libre", coa pretensión de que esta sirva para a publicación de ofertas de emprego relacionadas co Software Libre."
chúzame - Acaba de ser proposta a creación dunha lista para a localización da distro Debian ao galego... mais será preciso que amosemos o suficiente interese que xustifique a súa criazón. Facelo é tan sinxelo coma enviar un correo a estes dous enderezos: 404451 at bugs.debian.org e 404452 at bugs.debian.org amosando o teu interese (en inglés, aínda que sexa tipo apache: I'm interested in this list, e cousas así). Xa existen listas para o español e para o catalán. Queres que haxa lista en galego para Debian? Pois iso: de tí depende.
chúzame - No primeiro trimestre de 2007 entrará en funcionamento o novo proxecto de Jimmy Wales, coñecido promotor da Wikipedia. Trátase dun motor de busca para internet, bautizado Wikiasari. "A procura é parte fundamental da infraestrutura de internet", opina Wales na web do proxecto, reflexionando que na actualidade sofre dos mesmos problemas que o software propietario: falta de liberdade, comunidade ou transparencia.
chúzame -
O modelo de portátil Q35 de Samsung
A principal razón de ser dos computadores portátiles, que é precisamente a súa portabilidade, vén de recibir un importante pulo da man de Samsung, empresa de tecnoloxía que asegura ter desenvolvido unha batería que subministra enerxía todo un mes e sen necesidade de achegármonos a unha toma de corrente.
Segundo se di en CanalPDA (facéndose eco de informacións do xornal coreano Chosum Ilbo), a batería en cuestión está deseñada para o equipo portátil Q35 e –como dixemos– non precisaría achega de enerxía sempre e cando non nos pasemos de oito horas ó día de funcionamento e cinco días á semana (que xa está ben).
A tecnoloxía empregada é a de célula de combustible DMFC (Direct Methanol Fuel Cell) e que consiste en aproveitar a enerxía que se desprende do paso do metanol á auga. A xuízo da firma Samsung e en contra do que se poida pensar, estaríamos a falar dun proceso limpo que non xera contaminantes como metais pesados e (atención) nin risco algún de estoupido (como as baterías máis tristemente famosas de Dell).
chúzame - Linden Software anuncia a liberación do código fonte do cliente do mundo virtual online Second Life baixo a licenza GNU GPL v2, dentro da tendencia «inevitable» cara ao software libre.
chúzame - A estación de autobuses de Santiago ofrecerá a partires de mañá wifi gratuita aos seus usuarios. Será o primeiro espazo da cidade con wifi de balde, esto é unha noticia boa, pero tamén hai que decir, que segue a chover dentro !!
chúzame - ## Add comments (##) in front of any line to remove it from being checked.
## Use the following sources.list at your own risk.
deb http://archive.ubuntu.com/ubuntu dapper main restricted universe multiverse
deb-src http://archive.ubuntu.com/ubuntu dapper main restricted universe multiverse
## MAJOR BUG FIX UPDATES produced after the final release
deb http://archive.ubuntu.com/ubuntu dapper-updates main restricted universe multiverse
deb-src http://archive.ubuntu.com/ubuntu dapper-updates main restricted universe multiverse
## UBUNTU SECURITY UPDATES
deb http://security.ubuntu.com/ubuntu dapper-security main restricted universe multiverse
deb-src http://security.ubuntu.com/ubuntu dapper-security main restricted universe multiverse
## BACKPORTS REPOSITORY (Unsupported. May contain illegal packages. Use at own risk.)
deb http://archive.ubuntu.com/ubuntu dapper-backports main restricted universe multiverse
deb-src http://archive.ubuntu.com/ubuntu dapper-backports main restricted universe multiverse
## PLF REPOSITORY (Unsupported. May contain illegal packages. Use at own risk.)
deb http://packages.freecontrib.org/ubuntu/p... dapper free non-free
deb-src http://packages.freecontrib.org/ubuntu/p... dapper free non-free
## CANONICAL COMMERCIAL REPOSITORY (Hosted on Canonical servers, not Ubuntu
## servers. RealPlayer10, Opera and more to come.)
deb http://archive.canonical.com/ubuntu dapper-commercial main
##############################
### Automatix Repositories ###
##############################
deb http://www.beerorkid.com/automatix/apt dapper mainç
deb http://archive.ubuntu.com/ubuntu breezy main restricted
deb-src http://archive.ubuntu.com/ubuntu breezy main restricted
deb http://archive.ubuntu.com/ubuntu breezy-updates main restricted
deb-src http://archive.ubuntu.com/ubuntu breezy-updates main restricted
## created by automatixrepo2
# kubuntu.org packages for the latest KDE version (packages, GPG key: DD4D5088)
deb http://kubuntu.org/packages/kde-latest dapper main
# kubuntu.org packages for the latest KDE version (sources, GPG key: DD4D5088)
deb-src http://kubuntu.org/packages/kde-latest dapper main
# Seveas' packages (packages, GPG key: 1135D466)
deb http://mirror2.ubuntulinux.nl dapper-seveas all
# Seveas' packages (sources, GPG key: 1135D466)
deb-src http://seveas.theplayboymansion.net/seve... dapper-seveas all
# Treviños Ubuntu Repository Mercury messenger sinaptics cvs para laptops
deb http://3v1n0.tuxfamily.org dapper 3v1n0
deb-src http://3v1n0.tuxfamily.org dapper 3v1n0
# Juegos
# The World of Mana
deb http://bertram.ifrance.com ./
deb-src http://bertram.ifrance.com ./
chúzame -
No eido da tecnoloxía (e noutros eidos seguro que tamén), unha das teimas máis preocupantes das empresas e insistir día tras día no moito que están a traballar polo noso benestar, por facernos a vida máis doada e agradable. Porén, moi poucas se preocupan de darlle unha saída sostible e axeitada ós seus produtos unha vez que xa non cumpren a súa función (os países máis pobres do mundo estanse a encher de lixo tecnolóxico e non saben que facer con el). Mentres, obrigan ós consumidores a desfacerse ós poucos anos (ou até meses) da tecnoloxía que foi vendida como un desenvolvemento para perdurar e a reemprazala por outra nova que (agora si) vai ser o invento definitivo.
O caso do DVD é paradigmático de todo isto, cos dous novos formatos (HD DVD e Blu-ray) que veñen a substituílo nos nosos fogares poñéndonos ademais no dilema de decidírmonos entre un e outro, como en tempos tivemos que optar entre o VHS e o Beta. A solución a toda esta enleada? Probablemente pase por agardar a que a situación se estabilice e os prezos baixen antes de mercar nada, pero para os que non poden aturar a espera quizais sexa unha boa opción a que vén de presentar LG: un reprodutor dual cos formatos Blu-Ray e HD-DVD.
chúzame - Dende 1º de ano, a web do DOG permite realizar buscas nos títulos de tódolos exemplares atrasados publicados dende 1995, tanto en galego como en castelán, sen que teñamos que recorrer á edición impresa para ver as disposicións contidas no interior.
Cómpre decir que até o de agora só se podía acceder por completo ó contido dos números publicados nos últimos trinta días, xa que as publicacións anteriores non incluían os contidos das súas disposicións e para consultalas había que botar man do papel. Agora, coa chegada do novo ano, o Diario Oficial de Galicia poderá consultarse en liña facilitando, deste xeito, o labor cotiá de moita xente.
chúzame - Unha boa hora para levantarse non 2007 (apuff), comentar unha serie de cursos que imparte compostelawireless:
* Cursiño de Informática básica: Martes e Xoves de 19:30 a 21:30
Data de inicio: 16 de Xaneiro
Duración: 40h.
* Introdución a Internet: Mercores de 19:30 a 21:30
Data de inicio: 17 de Xaneiro
Duración: 12h.
* Ofimática: Mercores de 18:00 a 21:00
Data de inicio: 28 de Febreiro
Duración: 50h.
* Clube HackLab, obradoiro de informática: Venres de 19:00 a 21:00
Obradoiro permanente.
Achégate co teu ordenador (ou sen el) e plantexa as túas dúbidas e problemas referentes ó mundo do Software Libre, GNU/Linux e redes informáticas. Instala GNU/Linux e personalizao para as tuas necesidades. Asistencia libre, os días que necesites e ás horas que che interesen.
Para asistir a estas actividades:
Centro Sociocultural e Xuvenil O Ensanche.
Rúa Frei Rosendo Salvado 14/16
Teléfono: 981 543 001
Correo electrónico: dptoeducacion (en) santiagocompostela.org
chúzame -